viernes. 26.02.2021 |
El tiempo
viernes. 26.02.2021
El tiempo

Pontón censura as normas da Xunta contra o covid-19 por "contraditorias" e "cambiantes"

Imagen de archivo de Ana Pontón. EFE
Imagen de archivo de Ana Pontón. EFE
O BNG demanda "indicacións claras" para evitar unha terceira onda e un reforzo na atención primaria ante o proceso de vacinación

A líder do BNG, Ana Pontón, censurou o "galimatías" que, di, supoñen as normas da Xunta para o control do covid-19 e que "cambian cada día" e "algunhas son contraditorias", polo que se dirixiu ao presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, para demandarlle que o seu executivo ordene "indicacións claras" á cidadanía en aras de evitar unha terceira onda da pandemia

En declaracións remitidas aos medios este sábado, Pontón expresou a súa preocupación pola evolución da pandemia e cargou contra a xestión da Administración autonómica, á que solicita un reforzo da atención primaria ante o inminente inicio do proceso de vacinación. 

Para a portavoz nacional do Bloque, é "intolerable" que "a resposta" da Xunta ante o incremento de casos "sexa un galimatías de normas que cambian cada día, algunhas contraditorias, cando o que pide a cidadanía é ter indicacións claras que lle permitan saber como actuar para coidarse e como coidarse en familia para minimizar os riscos de contaxio". Deste xeito, cre que "non é de recibo" que a estratexia de Feijóo sexa "descargar todo na responsabilidade" nos cidadáns e que, ademais, "non achegue" indicacións "claras" e "comprensibles" sobre como actuar. 

Por iso, solicita que abandone a súa postura "timorata" á hora de adoptar medidas e que antepoña a saúde a calquera asunto. "Non se trata de salvar o Nadal, senón de que podamos pasar moito máis nadal xuntas", apostilou.

VACINACIÓN 
Así mesmo, a líder nacionalista tamén se pronunciou sobre o inicio do proceso de vacinación, que a Xunta prevé activar a partir da próxima semana. 

Pontón reclama ao Goberno galego "que non improvise" e elabore un plan de contigencia para levar a cabo un proceso de vacinación "ordenado e planficado". E é que, para a portavoz do Bloque, "sería gravísimo" que a vacinación "se converta nunha carreira para ver quen se colga medallas", algo que, di, xa ocorreu durante a desescalada do confinamento da pasada primavera.

Pontón censura as normas da Xunta contra o covid-19 por...
Comentarios