domingo. 05.12.2021 |
El tiempo
domingo. 05.12.2021
El tiempo

Volve 'A polo ghit'

Lograron algo que parecía impensable hai só dous anos: crear o xénero de canción galega do verán, e sorprender ós que pensabamos que de aquí ó Courel o único xénero musical importable era a balada, ou algún outro estilo lacrimóxeno. Agora, coa fidelidade de Terminator, volven. A polo ghit, o concurso creado pola Radio Galega en directa complicidade con Vieiros, comeza a partir de hoxe a súa edición 2007.

Coma o ano pasado, os internautas votarán as cancións que chegan á final. Polo momento só hai dous grupos inscritos, pero os autores teñen ata o 21 de xullo para mandar as súas creacións. As candidatas poderanse escoitar na web oficial, ou no programa  Extrarradio, da Radio Galega.

Ese día, as cancións máis votadas pasarán á final, na que se elixirá a canción máis popular, e o 11 de agosto un xurado escollerá a gañadora oficial. O vencedor poderá gravar un videoclip profesional e viaxará ata a feira do libro de La Habana en febreiro de 2008.

Volve 'A polo ghit'
Comentarios