martes. 13.04.2021 |
El tiempo
martes. 13.04.2021
El tiempo

As políticas e as xornalistas son as mulleres que máis insultos reciben en Twitter

Teresa Piñeiro e Xabier Martínez Rolán. UVIGO
Teresa Piñeiro e Xabier Martínez Rolán. UVIGO
Entre os máis habituais atopáronse feminazi, falsa, analfabeta, cerda e asquerosa 

Un estudo da UVigo conclúe que Twitter é "un territorio hostil para as mulleres, con especial incidencia naqueles ámbitos de maior proxección pública, como a política e a comunicación, que cumpren unha función esencial nas sociedades democráticas”. O proxecto, denominado Mulleres pontevedresas na rede. Análise do sexismo, misoxinia e discurso do odio en Twitter, foi froito da colaboración da institución universitaria e a Deputación e correu a cargo do profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Xabier Martínez Rolán e a investigadora da Universidade da Coruña Teresa Piñeiro. 

Enmarcado na Cátedra Feminismos 4.0 Depo-UVigo, o estudo consistiu en analizar pormenorizadamente máis de 550.000 publicacións, interaccións e mencións relacionadas con 50 mulleres da esfera pública, dos campos da política, da comunicaión, a cultura, os deportes e a área empresarial, 22 das cales estaban vinculadas á provincia de Pontevedra. Así, os profesionais acharon comentarios ofensivos en ata 62.560, vertidos directamente contra políticas e xornalistas no 96% dos casos.  

Preocupados pola normalización do "discurso do odio e sexismo que atopamos día a dia na internet”, Martínez Rolán fai fincapé en que “os resultados son como para preocuparnos como sociedade supostamente avanzada”. 

INSULTOS MÁIS REPETIDOS. Entre os máis habituais atopáronse feminazi, falsa, analfabeta, cerda e asquerosa. Neste contexto, Piñeiro destaca a "impunidade" destas condutas nas plataformas sociais, recordando que “na vida real non virtual, non insultas a alguén directamente, pero, sen embargo, isto si se dá en internet”. 

O NEGATIVO IMPONSE. A iniciativa levou tamén a cabo “unha medición de sentimento e análise do discurso” de acordo coas categorías da pirámide do odio da Anti-Defamation League, estudando unha "submostra" de 666 chíos. Deste xeito, unicamente o 15% das mensaxes tiñan unha connotación positiva e o 66% facía referencia ao colectivo representado polas aludidas, nunha especie de "ataque á profesión”. 

O 35% das aportacións foron calificadas como “discurso do odio” e o 60% como "comentarios insensibles ou bromas ferintes”. Igualmente, non faltaron mostras de insultos directos, alcumes, tentativas de ridiculización e chíos encadrados no "sexismo benevolente". 

As políticas e as xornalistas son as mulleres que máis insultos...
Comentarios