Podemos ofrece a EU, Anova e ás mareas locais abrir un "diálogo" fóra de En Marea

Tras a auditoría encargada, a formación ve "graves deficiencias" nas primarias e non recoñece a dirección encabezada por Villares

Romería do aniversario de En Marea, en xuño de 2018. XOÁN REY
photo_camera Romería do aniversario de En Marea, en xuño de 2018. XOÁN REY

A cúpula de Podemos Galicia realizou un ofrecemento a Esquerda Unida, Anova e ás mareas locais para abrir un "diálogo" fóra do seo de En Marea, cuxa dirección encabezada por Luís Villares está, para o partido morado, "anulada e inhabilitada politicamente" por ser electa nun proceso "irregular" e carente de "garantías democráticas e transparencia". 

A dirección da organización que lidera o deputado Antón Gómez-Reino remitiu aos seus inscritos o informe realizado por un perito informático que conclúe que "non se pode garantir a integridade dos resultados do proceso electoral" celebrado polo partido instrumental a finais de decembro e que se saldou coa vitoria da lista de Luís Villares co 60% dos votos, polo 40% obtido pola lista do sector crítico, apoiada por Podemos. 

Acompañando á auditoría encargada ao informático Lorenzo Martínez, Podemos enviou un comunicado no que convida a establecer "un diálogo externo" co resto de organizacións e mareas críticas coa dirección de En Marea de cara a "articular, de forma democrática e colectiva a Galicia que vén". 

Podemos desmárcase de En Marea e ofrécese a encabezar os movementos de unidade popular que "cristalizarían"

Deste xeito, o partido morado abre a porta a deixar de participar en En Marea e ofrécese a encabezar os movementos que, segundo reza o comunicado, "cristalizarían nunha conferencia política de país" no que abordarían o futuro da denominada unidade popular e que suporían a escenificación da ruptura do partido instrumental, creado no verán de 2016 para as últimas eleccións autonómicas. 

E é que, segundo fontes próximas á dirección consultadas por Europa Press, a cúpula de Podemos Galicia considera que é "imposible" convivir co sector de Luís Villares tras o acontecido no último mes e medio; polo que convidan aos seus socios da candidatura Entre Todas a iniciar un camiño político sen contar co maxistrado en excedencia e os seus afíns.

Podemos Galicia considera imposible convivir co sector de Villares tras a polémica das primarias

Así, nun comunicado dirixido aos seus inscritos, Podemos considera que "a enorme gravidade da situación xerada pola coordinadora de En Marea esixe, en calquera espazo democrático a inmediata dimisión dos responsables políticos da vulneración de dereitos e obrigacións". 

"A vulneración destes dereitos e obrigacións, así como as irregularidades e a ausencia total de garantías democráticas e transparencia, obrigan a concluír a Podemos Galicia a total perda de confianza política nos responsables de todo este proceso: a coordinadora do partido instrumental de En Marea encabezada por Luís Villares", reza o escrito de Podemos. 

A ruptura coa actual dirección de En Marea é total e consideran "inhabilitados políticamente" aos membros da dirección

Deste xeito, a organización que lidera Gómez-Reino cre que o informe pericial revela "rigorosos e severos datos" que "invalidan" as eleccións internas de En Marea. Por tanto, non recoñecen os resultados das primarias e consideran "inhabilitados politicamente" os órganos de dirección do partido instrumental, constituídos o pasado 29 de decembro sen presenza das 14 persoas electas pola candidatura crítica. 

En conclusión, Podemos Galicia avanza na ruptura coa actual dirección de En Marea e convida ao resto de organizacións e mareas críticas con Villares a iniciar un camiño sen contar co maxistrado en excedencia e os seus afíns.

A auditoría di que o sistema de votación ten "graves deficiencias"
O perito informático contratado por Podemos Galicia para auditar o proceso de votacións das primarias de En Marea conclúe no seu informe que "non se pode garantir a integridade dos resultados do proceso electoral acontecido nas votacións do 22 e 23 de decembro", no que a lista de Luís Villares impúxose con case o 60% dos votos á candidatura do sector crítico, na que participaba o partido morado. 

Esta é unha das conclusións que resalta Lorenzo Martínez, da consultoría Securízame, na súa auditoría sobre a primarias encargada por Podemos e á que tivo acceso Europa Press. Nela, o perito afirma que a plataforma de votacións "mostra graves deficiencias" que permiten a "calquera usuario" do sistema acceder a "datos persoais" do resto de persoas inscrita

Comentarios