Pilar Rojo apuesta por refozar la colaboración entre los parlamentos y las institucións europeas

A presidenta do Parlamento Galego galego, Pilar Rojo, asumiu hoxe a Presidencia da Conferencia de Asembleas Lexislativas Rexionais Europeas (CALRE), que acupara durante o ano en curso, nunha aposta por reforzar a colaboración entre os integrantes desta organización e as diferentes institucións europeas co obxectivo último de “aumentar a visibilidade da realidade rexional europea, mostrando as súas fortalezas para o servizo público e para a participación cidadá”.

Outra das prioridades de Rojo para pasa por incrementar a colaboración co Comité das Rexións coas asociacións que representan ás entidades locais e rexionais.

A presidenta do Parlamento asumiu o novo cargo nun acto ao que asistiu a súa predecesora, a titular do Parlamento de Bruxelas Capital, Françoise Dupuis; o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; a presidenta do Parlamento das Illas Baleares e actual presidenta da Conferencia de Presidentes de Parlamentos Autonómicos de España (COPREPA), Margalida Durán; así como outras autoridades da Cámara e política galega.

Na súa intervención, Pilar Rojo recoñeceu a necesidade de introducir cambios nas institucións para “camiñar ao ritmo da sociedade” e afirmou a súa intención de “exercer unha Presidencia aberta, na que todos os integrantes da CALRE participen”.

Rojo aproveitou a cita para lembrar ás responsabilidades dos parlamentarios e citou que este é tempo de "acadar novos acordos" que favorezan  aos nosos cidadáns", apuntou.

Nesta liña, a presidenta do Parlamento galego apostou por fomentar o uso das tecnoloxías da información e a comunicación para que os cidadáns podan coñecer con maior detalle o traballo realizado nas Cámaras lexislativas e, dese xeito, “recuperar a confianza perdida nos seus representantes”.

A celebración neste ano 2014, das Eleccións ao Parlamento Europea, tamén debería ser aproveitada, en opinión de Rojo Noguera, para divulgar o papel das diferentes institucións e a súa importancia. “A sociedade ten que sensibilizarse coas decisións que se toman en Europa; para que o que significa nas nosas vidas se coñeza e polo tanto se valore moito máis a necesidade de participar nas súas decisións”, aseverou.

Comentarios