Pesar pola morte de Darío Xohán Cabana

Políticos, artistas e institucións amosaron a súa pena polo falecemento do escritor
Darío Xohán Cabana. EP
photo_camera Darío Xohán Cabana. EP

Persoeiros do mundo da cultura e da política ofreceron o seu pesar polo pasamento de Darío Xohán Cabana, que faleceu aos 69 anos de idade. 

Dende políticos a escritores, pasando por estamentos oficiais, editoriais ou organismos públicos, expresaron a través das redes a súa pena polo tráxico suceso. 

Unha das primeiras institucións en expresarse foi a Real Academia Galega, da que Cabana era membro, e que foi quen comunicou publicamente a nova do falecemento do escritor de Cospeito. 

O seu presidente, Víctor F. Freixanes, destacou do escritor que "é un clásico vivo" e "a súa capacidade de transmitir emoción a través da lingua e do verso era extraordinaria”.

O escritor, tradutor e académico Darío Xohán Cabana é “unha das grandes voces das letras galegas contemporáneas" e membro da RAG e, ao longo de máis de medio século de vida, cultivou case todos os xéneros en máis de corenta títulos dirixidos tanto ao público adulto como ao máis novo.

A editorial Xerais tamén publicou as súas condolencias. Xerais estaba, ademais, a preparar un ensaio do finado, que verá a luz a título póstumo.

Francisco Castro, escritor e director xeral da editorial Galaxia, tamén tivo palabras para o escritor. 

A pena polo pasamento do artista chairego tamén chegou ao mundo da política. Néstor Rego, Ana Pontón ou Martiño Noriega amosaron o seu respeto por Darío. 

 

 

 

Comentarios