viernes. 15.01.2021 |
El tiempo
viernes. 15.01.2021
El tiempo

Perde a vida un mozo despois de caer dun edificio de seis andares en Vigo

Unha ambulancia do 061. ARQUIVO
Unha ambulancia do 061. ARQUIVO
Os profesionais do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias -GIPCE- tamén foron informados para prestar atención especializada á familia

Un rapaz faleceu esta tarde ao caer a un patio de luces dun edificio de seis andares da Avenida de Castrelos, en Vigo.

Debido a gravidade das feridas do menor, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou un equipo médico ata o lugar onde sucederon os feitos. Malia os esforzos do persoal sanitario, nada se puido facer por salvarlle a vida.

Foron varias as persoas particulares quen, ás 17.30 horas, chamaron ao 112 Galicia para alertar do suceso. De contado, os xestores de Emerxencias Galicia puxeron a situación en coñecemento, ademais dos profesionais sanitarios, dos axentes da Policía Nacional e Local, que tratan de esclarecer as causas do suceso.

Os profesionais do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias -GIPCE- tamén foron informados para prestar atención especializada á familia.

Perde a vida un mozo despois de caer dun edificio de seis andares...