Os pensionistas galegos volven saír este domingo ás rúas

Os xubilados lucenses están citados ás 12.30 no edificio da Xunta

Concentración de pensionistas. SEBAS SENANDE
photo_camera Concentración de pensionistas. SEBAS SENANDE

Xubilados galegos –convocados por UXT e CC OO– sairán á rúa de novo este domingo, 15 de abril, nunha ducia de cidades e pobos para reclamar pensións dignas.

Todas as mobilizacións serán ás 12.00 horas menos a de Lugo, que terá lugar ás 12.30 horas, nunha manifestación que sairá do edifico da Xunta.

O resto de mobilizacións serán ao mediodía en: Santiago (Praza de Cervantes), A Coruña (Obelisco), Ferrol (Praza de España), Viveiro (ante o concello), Foz (ante o Obelisco), Ourense (Praza Maior), O Barco (ante o concello), Pontevedra (Praza de España), Vigo (Marco), Vilagarcía (ante o concello) e O Grove (ante o concello).

Para ambos os sindicatos as medidas recollidas nos Orzamentos Xerais do Estado son "parciais e insuficientes" e "non van solucionar o problema presente e futuro das pensións".

Respecto diso, critican que a pensión media en Galicia é de 788,5 euros, lonxe dos 918 euros da media do Estado, mentres o 64% das pensións na Comunidade non chegan á cifra do Salario Mínimo Interprofesional (o 50% no caso estatal). 

Comentarios