A pensión media en Galicia ronda os 560 euros ao mes

A pensión media en Galicia é de 561 euros, a máis baixa do conxunto do Estado, segundo os datos do mes de maio feitos públicos polo Instituto Nacionas da Seguridade Social, dependente do Ministerio de Traballo. A comunidade autónoma cunha pensión media máis alta é o País Vasco (840 euros), mentres que a media española se establece en 672 euros.

Segundo estes mesmos datos, máis de 700.000 galegos son pensionistas, o que supón que unha cuarta parte da poboación do país cobra algún tipo de prestanción social. Máis de 433.000 son pensións de xubilación, mentres que as demais se corresponden con prestacións por viuvez, incapacidade, orfandade ou a favor de familiares.

Tamén a prestación media por xubilación en Galicia é a máis baixa de España. Os xubilados galegos cobran unha media de 621 euros mensuais, fronte aos 758 euros de media no conxunto do Estado. Con todo, a contía das pensións incrementouse na comunidade un 5,1% fronte a maio de 2006. Este incremento é case idéntico ao aumento a nivel estatal, do 5%.

Comentarios