Pedrafita do Cebreiro, líder en chuvia nunha xornada con 3.500 raios en Galicia

Mapa cos raios caídos en Galicia durante o sábado

As tormentas deixaron 41,3 litros por metro cúbico no Alto do Poio 
 

Galicia rexistrou durante o sábado un total de 3.448 raios, nunha xornada de tormentas e de inestabilidade meteorolóxica, en especial, no sur da comunidade, que veu acompañada de choivas intensas que provocaron diversas inundacións na zona de Ourense. 

Segundo a información recollida por Meteogalicia, entre as catro e as seis da tarde contabilizáronse un total de 917 raios na comunidade galega. Na seguinte franxa horario a cifra chegou aos 879, diminuíndo xa segundo avanzou a xornada aos 178 desde as oito ás dez, e aos 15 das dez ás doce. 

De forma paralela, producíronse intensas precipitacións, que alcanzaron os 41,3 litros por metro cúbico no Alto do Poio en Pedrafita do Cebreiro en Lugo, e de 16,8 na propia cidade de Ourense. 

As precipitacións provocadas polas tormentas, tal e como sinalou Emerxencias de Galicia, ocasionaron inundacións en diferentes puntos da cidade de Ourense, con varios baixos comerciais alagados na Avenida Marcelo Macías; así como da caída de árbores, arquetas levantadas por mor da acumulación de auga e inundacións nas rúas Río Arnoia e Avilés de Taramancos, nas avenidas de Marín, Santiago e Otero Pedrayo, ou na ponte da Valenzá a Marcelo Macías.