lunes. 21.10.2019 |
El tiempo
lunes. 21.10.2019
El tiempo

O Parlamento incorpora a tradución a linguaxe de signos á súa web

Vídeo con linguaxe de signos no Parlamento
Vídeo con linguaxe de signos no Parlamento
A decisión procede das suxestións realizadas por parte de colectivos de persoas xordas

O Parlamento de Galicia incorporou a tradución a linguaxe de signos á súa páxina web para achegar os contidos ás persoas xordas, especialmente a aquelas que poidan presentar dificultades de comprensión lectora. 

Segundo informa este sábado a institución que preside Miguel Santalices, a decisión procede das suxestións realizadas á Presidencia da Cámara por parte de asociacións e colectivos de persoas xordas. 

O Parlamento recorda que nos últimos anos realizou unha convocatoria específica para persoas con discapacidade intelectual e traballa en dotar o Pazo do Hórreo con señalética orientada a persoas con trastorno do espectro autista. 

Ademais, o xefe do Lexislativo galego anunciou que o Parlamento priorizará a mellora da accesibilidade dentro do plan director do edificio, que se atopa en fase de redacción.

O Parlamento incorpora a tradución a linguaxe de signos á súa web
Comentarios