Los alcaldes de Muras y Monterroso dejan la política tras el fracaso electoral del domingo

Issam Alnagm retírase tras 24 anos de maioría absoluta e despois dun mandato tenso no que lle deron a espalda ata os seus propios concelleiros. Antonio Gato mantíñase á fronte da alcaldía desde 1999
Issam Alnagm e Antonio Gato
photo_camera Issam Alnagm e Antonio Gato

As eleccións deste domingo cobráronse as súas dúas primeiras vítimas, os históricos alcalades de Muras e Monterroso, que anunciaron a súa renuncia tras os malos resultados electorais.

Isaam Alnagm dimitiu despois de 24 anos encadeando maiorías absolutas e perder as sétimas eleccións ás que se presentaba. O veterano rexedor, que chegou dende Siria en 1980 a Muras para converterse no médico do pobo, retírase da política despois da súa derrota nas urnas. Non pasará pola oposición.

"Me retiro. Acabo de llamar a la junta electoral", dicía este lunes pola mañá dende o outro lado do teléfono Alnagm, que apenas quixo facer declaracións. "Sorprendido un poco sí que estoy", dixo en alusión aos resultados electorais que lle dan ao BNG e ao PSOE a chave para botalo. Pero non quixo falar máis, só mostrar "mi agradecimiento al PP por acogerme durante 24 años".

Coa súa decisión de renunciar á sua acta de edil, Alnagm pecha un mandato tenso no que se foi quedando só ao perder o apoio dos seus tres concelleiros, que nos últimos plenos ou non se presentaron ou votaron de forma independente ao non estar de acordo co rexedor. Algún incluso fixo campaña para apoiar ao BNG e ao PSOE para evitar así que revalidase unha maioría por sétima vez consecutiva.

MONTERROSO. A severa derrota sufrida polo PSOE en Monterroso tivo consecuencias inmediatas, coa renuncia de Antonio Gato á súa acta de concelleiro. O histórico socialista non quixo valorar a contudente vitoria do exsubdelegado do Goberno, Jesús Otero, que a través da súa lista Independentes de Terras da Asma (Inta) conseguiu sete dos once escanos da corporación municipal.

Antonio Gato presentou a súa renuncia ante a xunta electoral tan pronto finalizou o reconto dos votos emitidos nas eleccións do pasado domingo e que constataron unha forte caída do PSOE, que baixa dos seis edís do pasado mandato a unicamente tres. A vacante que deixa Gato será ocupada por José Antonio Rodríguez Guerra, número catro na lista dos socialistas e que xa formaba parte da corporación neste anterior mandato.

Coa decisión de renunciar á súa acta de concelleiro, Antonio Gato pon fin a unha dilatada traxectoria política, que iniciou no ano 1973. Durante este período ocupou cargos de deputado autonómico e provincial e mantívose á fronte da alcaldía de Monterroso dende 1999, despois de obter sucesivas maiorías absolutas.

Comentarios