Núñez Feijoo denuncia unha 'dobre contabilidade' na sanidade pública galega

A sanidade pública galega leva unha "dobre contabilidade", segundo denunciou o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, e pediulle aos inspectores médicos do Sergas que realicen unha auditoría sobre as listas de espera. Tamén esixíu que se elabore un protocolo de atención urxente para os afectados por patoloxías graves.

O líder dos populares asegurou que dende o seu partido se están a seguir as listas de espera de pacientes oncolóxicos e as nos estruturais, nas que "hai unha especie de burato negro". Núñez Feijoo denunciou tamén a "falta de credibilidade" dos datos ofrecidos pola Xunta, e remitiuse á rectificación da conselleira, cando tivo que recoñecer que hai máis de 12.000 pacientes sen contar nas listas de espera.

Comentarios