O número de radares fixos da DXT en Galicia pasou de 26 a 40 nos últimos seis anos

En canto ás estradas españolas, en 2017 hai un total de 403 mecanismos

Radar fijo instalado en la A-6. AEP
photo_camera Radar fixo instalado na A-6. AEP

Galicia conta hoxe en día con 11 radares fixos máis dos que había na rede viaria galega en 2012, cando existían 29 polos 40 que na actualidade ten despregados a DXT nas estradas da comunidade. En canto ás estradas españolas, en 2017 hai un total de 403 radares fixos repartidos polas diferentes estradas do territorio nacional -sen contar Cataluña e País Vasco-, o que supón un aumento do 22 por cento con respecto aos 331 aparellos que se contabilizaban en 2011.

Así se desprende dos datos facilitados polo Goberno en resposta a unha pregunta parlamentaria socialista realizada polo deputado Miguel Ángel Heredia, na que o Executivo desagrega por provincias o número destes medidores instalados no últimos seis anos.

Neste sentido, cabe destacar que desde 2011 Murcia viu como se dobraba o número de radares nas súas vías, pasando de 7 a 14. Tamén sobresaen os aumentos contabilizados en Castela e León, onde se pasou de 42 aparellos a 67, ou en Galicia, que tiña 29 hai seis anos e agora conta con 40. Fronte a eles, Valencia (con 28), Baleares (12) e Canarias (10) mantiveron a mesma cifra ao longo deste período.

En xeral, a cifra de radares incrementouse de forma continuada ao longo do seis últimos anos: dos 331 de 2011 e 332 de 2012, pasouse aos 346 de 2013 e aos 361 do ano seguinte. Mentres, en 2015 contabilizáronse 364 aparellos, 18 menos que en 2016, cando se instalaron 382. O ano pasado superáronse por primeira vez os 400, despois de rexistrarse 403 en todo o territorio.

Comentarios