As mulleres ocupan un terzo das prazas do Parlamento tralas municipais

A pesares do incremento, as cifras están lonxe da paridade que busca a Xunta (Foto: Pepe Ferrín. AGN)
photo_camera A pesares do incremento, as cifras están lonxe da paridade que busca a Xunta (Foto: Pepe Ferrín. AGN)

O curso político comeza oficialmente a próxima semana co pleno no Parlamento de Galicia e varios cambios con respecto á primeira parte da lexislatura. A principal novidade son os relevos nos grupos parlamentarios do BNG e o PPdeG, que veñen derivados das eleccións municipais. Dous dous deputados, un de cada un destes partidos, deixan os seus escanos e incorpóranse dúas mulleres, ambas en Lugo.

Deste xeito, a presenza feminina no Parlamento galego chega xa á terceira parte do hemiciclo, 25 mulleres dun total de 75 parlamentario, o 33,3 por cento. Esta cifra aínda está lonxe da paridade que propugna o Goberno, aínda considerando que sexa só de manter a representación de cada sexo non inferior ao 40 por certo. Pero para falar da equipación real, ao 50 por cento, aínda falta moito máis.

De tódolos xeito, o protagonismo das mulleres a vida parlamentaria é cada vez maior. Só hai que lembrar o fito que supuxo ao comezo da lexislatura o nomeamento de Dolores Villarino como a primeira muller presidenta da Cámara galega.

Cargos con tradición
Trala marcha de Xosé Manuel Barreiro (PPdeG), quen deixa o Parlamento para liderar o grupo da oposición na Deputación de Lugo, barallouse a posibilidade de que este posto puidese ser ocupado por unha muller, pero finalmente seguiu a tradición deste cargo que será desempeñado por un home, neste caso Manuel Ruiz Rivas.

Con todo isto e xa que a labor de Barreiro como representante do grupo parlamentario será realizada por Ruiz Rivas, en realidade o lugar que deixa libre pasará a ocupalo a seguinte na listas por Lugo, María Isabel García Pacín.

Así, a nova configuración da Deputación de Lugo, en base aos resultados das eleccións municipais, tamén supoñen o relevo da nacionalista María Xosé Vega Buján, que é agora vicepresidenta no organismo provincial. No seu lugar, no Parlamento entra Cristina Ferreira López, que é enfermeira.

Paridade provincial
Se a nivel global o hemiciclo galego aínda mantén unha presenza masculina preponderante, o reparto provincial segue a mesma senda. Só Lugo, grazas á incorporación de dúas novas deputadas supera a media e alcanza a paridade que establece a Lei nunha porcentaxe non inferior ao 40 por cento.

 Así, dos 15 parlamentarios en representación da provincia lucense, case o 47 por cento son mulleres, sete fronte a oito homes. Aparte de Lugo, só Ourense supera a media dun terzo de mulleres, xa que hai nove dun total de 14.

No que respecta á Coruña as mulleres só son unha cuarta parte dos 24 deputados que lle corresponden á provincia. No caso de Pontevedra, a porcentaxe de mulleres sube a case o 32 por cento.

Incorporacións
As dúas incorporacións ao Parlamento galego non só coinciden en ser mulleres e lucense, senón que ambas proceden da política municipal. A deputada popular, Isabel García, incluso manterá o seu cargo como concelleiro no en Friol, que compatibilizará co escano parlamentario, mentres que a nacionalista, Cristina Ferreiro, xa renunciou como concelleira de Lugo.

Con respecto á presenza das mulleres no Parlamento, a deputada do PPdeG pon de exemplo a representación de Lugo, que cumpre coa porcentaxe de paridade e asegura que "tódalas provincias se deberían de achegar a esas cifras". Ademais, considera que a paridade non pode impoñerse, senón que á hora de falar dos deputados "a valía de cada persoa é o que prima".

 A visión da deputada nacionalista é distinta e asegura que "hai que pelexar para que se modifique" a pouca presenza das mulleres na política. Pero Cristina Ferreiro advirte de que "a lei tampouco o vai arranxar todo, se as mulleres non damos o paso de participar" e insta a dar ese paso, porque a lexislación por si soa "non vai a ser resolutiva".

Comentarios