Unha muller trasladada en Nigrán a causa dun incendio propagado na súa vivenda

Os servizos de extinción, unha vez apagado o lume e ventilada a vivenda, indicaron que ardeu un sofá, cortinas e unha persiana
Bombeiros de Porriño. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
photo_camera Bombeiros de Porriño. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Unha muller foi evacuada esta madrugada despois de producirse un incendio na súa vivenda.

Ao fío das 2:30 horas, un particular chamou ao 112 Galicia para informar da saída de fume  polas fiestras dunha vivenda dun edificio, situado na Rotonda de Praia América. Foi, a partir dese momento, cando os xestores de emerxencias alertaron aos Bombeiros do Porriño e ao GES de Val Miñor, que decontado se desprazaron ao punto. Tamén, os Bombeiros de Vigo foron informados, así como, os servizos sanitarios, os axentes da Policía Local e os efectivos de Protección Civil.

Segundo a información trasladada ao 112 Galicia, no transcurso da chamada de alerta, a muller, dona do piso, tras ser atopada no interior da vivenda, foi evacuada e traslada ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, polo persoal sanitario.

Os servizos de extinción, unha vez apagado o lume e ventilada a vivenda, indicaron que ardeu un sofá, cortinas e unha persiana. Toda a vivenda viuse afectada polo fume.

Comentarios