viernes. 28.01.2022 |
El tiempo
viernes. 28.01.2022
El tiempo

Morre un traballador en Cabanas ao caerlle unha rama na cabeza

Oficinas del 112 en Santiago. EP
Oficinas do 112 en Santiago. EP
O falecido atopábase nun monte da localidade facendo labores de tala cando aconteceu o tráxico suceso

Un home faleceu na mañá deste xoves en Cabanas (A Coruña) tras caerlle encima da cabeza a rama dunha árbore mentres se atopaba traballando nun monte da localidade. 

Segundo informaron a Europa Press fontes do CIAE 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 12.30 horas da mañá deste xoves nunha finca do lugar de Porcar, en Cabanas, onde o home se atopaba realizando labores de tala nunha leira particular e foi golpeado por unha rama na cabeza.

Até a zona foron mobilizados efectivos da Garda Civil, da Policía Local, de Protección Civil e de Bombeiros de Eume, así como unha ambulancia do 061 que, con todo, non puido facer nada por salvar a vida do home.

Morre un traballador en Cabanas ao caerlle unha rama na cabeza
Comentarios