Morre Francisco Carballo, histórico do nacionalismo galego

Francisco Carballo Carballo, escritor, historiador, teólogo e sacerdote galego, finou hoxe a idade de 89 anos en Salamanca. Será soterrado o vindeiro luns no hospital da Congregación da Misión, de San Vicente Paul. O funeral será as doce do mediodía na igrexa da comunidade en Santa Marta de Tormes (Salamanca).

Carballo foi recoñecido como gran defensor da cultura galega, recibindo entre outros o premio Facho de Ouro ou cunha homenaxe en 2011 pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG). Entre os seus traballos máis recoñecidos están a cofundación do semanario A Nosa Terra, a súa participación na obra Historia de Galicia ou os seus ensaios sobre a igrexa galega. Presentouse a senador polo BNGP e mailo BNG e foi multado por "difamar a policía" no ano 1981.

 

 

Comentarios