Morre afogado un peregrino na praia de Mar de Fora, en Fisterra

O suceso ocorreu a última hora deste xoves
Praia Mar de Fora, en Fisterra. GOOGLE MAPS
photo_camera Praia Mar de Fora, en Fisterra. GOOGLE MAPS

Un home faleceu afogado a última hora deste xoves no municipio coruñés de Fisterra, tras ser arrastrado pola corrente na praia de Mar de Fora. 

Segundo a información do CIAE 112-Galicia, o suceso ocorreu a última hora deste xoves, cando un particular alertou de que unha persona for a arrastrada pola corrente na praia de Mar de For a. 

De inmediato púxose en marcha un dispositivo no que participaron, entre outros medios, Gardacostas, efectivos de Salvamento Marítimo, Garda Civil, Protección Civil e persoal sanitario do 061. Con todo, cando sacaron da auga á vítima, xa falecera. 

Segundo confirmaron a Europa Press fontes dos servizos de emerxencias, o home era un peregrino duns 30 anos que se meteu no mar coa posta de sol e foi arrastrado pola corrente. 

Comentarios