Milagros Otero dimite case catro meses despois do fallo do Supremo que forzou a súa saída

A valedora do Pobo foi condenada pola designación na institución de María Puy Fraga, irmá do portavoz parlamentario do PPdeG e sobriña do expresidente da Xunta
Milagros Otero. LAVANDEIRA JR. (EFE)
photo_camera Milagros Otero. LAVANDEIRA JR. (EFE)

A valedora do Pobo, Milagros Otero, rexistrou este martes ante o Parlamento de Galicia a súa renuncia ao cargo. A dimisión de Otero prodúcese case catro meses despois de que o Tribunal Supremo desestimase o seu recurso contra a condena do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) pola desginación dentro da insitución de María Puy, irmá do portavoz parlamentario do PPdeG e sobriña do expresidente Manuel Fraga.

Segundo confirmaron a Europa Press fontes parlamentarias, Otero presentou un escrito de dimisión na Cámara na mañá deste martes. Este paso prodúcese días despois de coñecerse que solicitou un incremento do seu salario e do resto do persoal do Alto Comisionado do Parlamento en virtude da aplicación do acordo alcanzado a principios deste ano entre a Xunta e os sindicatos para a actualización das retribucións dos empregados públicos.

A principios do mes de abril, após de coñecerse a desestimación do recurso por parte do Tribunal Supremo, Otero vinculou a súa renuncia ao cargo a que o Parlamento, órgano encargado de designar o Valedor do Pobo, acordase a persona que a substituiría tanto a ela como ao vicevaledor, Pablo Cameselle.

Comentarios