sábado. 08.08.2020 |
El tiempo
sábado. 08.08.2020
El tiempo

Menos dun mes de espera nas citas ambulatorias para os enfermos mentais

Os enfermos mentais terán unha demora máxima dun mes para a atención ambulatoria normal, e ningún día no caso da atención urxente. Cando requiran atención preferente por este tipo de patoloxías, o prazo será de 15 días, segundo o Plan de Saúde Mental 2006-2011 que presentou a conselleira de Sanidade, María José Rubio, no Parlamento.

Galicia era a única comunidade española na que non existía ningún plano para saúde mental, mentres outras xa van polo cuarto. Co texto, Sanidade busca tamén loitar contra os prexuízos sociais que existen arredor das persoas que sofren unha enfermidade deste tipo.

O plan priorizará sobre:

  • A atención ás enfermidades máis frecuentes, como a depresión ou a ansiedade.
  • A atención a patoloxías máis graves, como a psicose ou transtornos de personalidade.
  • Os grupos máis vulnerables, como nenos, adolescentes e anciáns.

Seis novas unidades de saúde mental contribuirán a mellorar a atención, o que permitirá ter unha por cada 50.000 habitantes. Tamén se poñerán en marcha 7 equipos de continuidade para coidados de patoloxías máis graves, unha unidade de saúde mental infanto-xuvenil para adolescentes, e 6 unidades de saúde de psicoxeriatría para maiores de 65 anos, ademais dunha nova unidade de tratamento do alcolismo.

Menos dun mes de espera nas citas ambulatorias para os enfermos...
Comentarios