viernes. 10.04.2020 |
El tiempo
viernes. 10.04.2020
El tiempo

Un colectivo da Garda Civil opónse á redacción das denuncias en galego

A Unión Federal de Gardas Civís (UFGCS) de Galicia escúdase na mobilidade xeográfica á que están sometidos os seus membros para rexeitar a iniciativa presentada no Congreso polo nacionalista Francisco Rodríguez e na que se pide que as denuncias deste corpo se redacten en tódalas linguas cooficiais do Estado.

A UFGCS mostrou o seu rotundo desacordo cunha medida que, segundo consideran, sería unha "imposición", e adiantaron que participarán de xeito activo en campañas de desobediencia no caso de que a proposta do BNG adquira rango de lei. "Dificilmente se lle pode esixir a tódolos axentes que coñezan tódalas linguas do Estado", sinalan.

As mobilizacións anunciadas terían como obxectivo "a defensa dos axentes no uso do castelán". O colectivo aclarou que respecta o uso de tódalas linguas do estado, advertindo de que a ningún cidadán se lle impide presentar unha demanda en galego "pero que non pretenda o BNG impoñer o uso desta lingua ós funcionarios da Garda Civil".

Consideran que un partido "que pretende facer da Constitución un texto á carta dos seus intereses partidistas" non pode impoñerlle ós axentes o necesario coñecemento de tódalas linguas do Estado.

Un colectivo da Garda Civil opónse á redacción das denuncias en galego
Comentarios