Medio Rural prohibe desde este luns as queimas agrícolas e forestais

As condición meteorolóxicas poderían dificultar o seu control

Imagen de una quema de rastrojos. EFE
photo_camera Imagen de una quema de rastrojos. EFE

A partir das 00,00 horas deste luns e ata novo aviso quedan prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais en Galicia debido ás condicións meteorolóxicas que poderían dificultar o seu control. 

Así o informa a Consellería do Medio Rural nun comunicado, que especifica que quedarán tamén en suspenso os permisos xa concedidos, xa que as comunicacións e autorizacións de queima carecerán de validez desde o comezo da prohibición. 
A decisión foi tomada tras avaliar a evolución do tempo e analizar os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de incendio en temporada de alto risco. 

Tamén se tivo en conta a normativa -Decreto 105/2006 polo que se regulan as medidas relativas á prevención de riscos forestais, a protección dos asentamentos no medio rural e a regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais- que prohibe as queimas cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control. 

Así mesmo, a Xunta pide a colaboración da cidadanía para que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que teña coñecemento, xa que desde este domingo e até novo aviso non está permitido o uso do lume para ningunha actividade agrícola e forestal. 

Ademais, a Consellería lembra que se atopa a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún incendio forestal. 
 

Comentarios