Más de 50.000 persoas reivindican el derecho a vivir en gallego

queremos_galego3_col1.jpg
photo_camera queremos_galego3_col1.jpg

Entre aplausos e o son das gaitas comezaron a marcha os miles de persoas que o mediodía deste domingo se congregaron na Alameda compostelá para secundar a manifestación convocada pola plataforma cidadá 'Queremos Galego', unhas 50.000 segundo os datos da Policía Local e 100.000 nas cifras dos convocantes.

Con 15 minutos de atraso sobre o horario previsto, ás 12.15 horas a cabeza da mobilización partía rumbo a outro emblemático espazo da cidade, a Praza da Quintana, cunha reivindicación compartida, a defensa do idioma galego e a rebeldía contra a política lingüística da Xunta de Galicia e do seu presidente, Alberto Núñez Feijóo.

Nas primeiras filas, políticos das cúpulas do BNG e do PSdeG-PSOE así como rostros coñecidos da esfera cultural da comunidade, sumábanse á protesta, e todos a un tempo única voz gritaban 'na Galiza en galego'. Esta foi a frase máis coreada durante todo o percorrido, no que eran abundantes as pancartas con lemas como 'aprender en Galego non é delito', 'pola nosa lingua nin un paso atrás', ou 'polo dereito a vivirmos en Galego'.

A marcha, que trascurrió a bo ritmo e sen incidentes, alcanzou a praza lateral da Catedral unha hora despois, sobre as 13,20 horas. Con todo, chegaba ao momento de destino tan só a cabeza da manifestación porque, a esa hora, aínda saía xente da Alameda. Desde o alto dun escenario, a música das gaitas e os bombos recibiu aos asistentes á mobilización, mesturando o ambiente reivindicativo e o lúdico, nun espazo que, como ocorreu na manifestación do 17 de maio, quedou pequeno para reunir a todas as persoas que secundaron a manifestación.

''O galego non se pode estirpar''
As primeiras palabras foron as da actriz Isabel Risco, que fixo alusión á cantidade de persoas que a plataforma congregou este domingo en Santiago. "Ou houbo un boom de natalidade dende ou 17 de maio ou é que máis xente quere ou galego", sentenciou, porque "témolo dentro dá cabeza e non se pode estirpar".

Desde abaixo a xente non deixaba de tocar as palmas, bailando ao ritmo da música e alzando numerosas bandeiras de Galicia que axitaban dun lado ao outro. Foi o momento entón da actuación músical dos integrantes da Quenlla, Mini e Mero, que cantaron ao tradicional carro galego. Bieito Lobeira, Carme Galego, Xurxo Souto ou Margarita Ledo acompañaron aos artistas coas súas voces.

Intervencións na Quintana
O primeiro en abrir a quenda de intervencións foi Avelino Pousa Antelo, que aos seus 95 anos de idade asegurou estar ante un "espectáculo tremendamente emotivo". Mesmo se ofreceu a xuntarse "periodicamente" para "cantarlle as corenta aos galegos arrecastados". Para concluir sus palabras aseverou: "falo galego porque me da a realísima gana e porque me peta".

A encargada de ler o manifesto da plataforma foi a actriz Patricia Vázquez, un texto co que criticou o "ataque" do Goberno ao galego, acusándoo de eliminar medidas "positivas" para o idioma. Manifestou tamén o significado de 'Queremos Galego', un espazo común onde converxen "sensibilidades e colectivos sociais" que defenden a lingua da comunidade.

Pola súa banda, o presidente da Mesa Pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, criticou a "arrogancia" e "prepotencia" do presidente da Xunta, convencido de que "vai continuar xordo ante as demandas da sociedade". Así as cousas, esixiulle un exercicio de "responsabilidade" e "seriedade" para aplicar a lexislación en materia lingüística.

Para pechar o acto o polifacético Xurxo Souto animou á sociedade a deixar de ser expectadores e convertirse en protagonista da historia do galego, "porque grazas á lingua Galicia deixou de ser periferia". "A nosa historia facémola nós aínda que a escriban outros", rematou cantando.

Concentración no Toural polo monolingüismo
Varias asociacións que traballan a prol da normalización da lingua galega non remataron a marcha na Praza da Quintana, senón que se desmarcaron da convocatoria e realizaron un acto na Praza do Toural a favor da ''hexemonía social do galego''. Mobilizados arredor de dúas plataformas, Galego Sempre Máis e a Plataforma polo Monolingüismo Social, esta resposta crítica conformouse nun único bloque dentro da manifestación que convocara 'Queremos Galego'.

Cunha faixa de cabeza na cabeza que reivindicaba o ''monolingüismo social en galego'', unhas 700 persoas chegaron as 14.00 horas na dita praza onde tivo lugar a lectura de dous manifestos nos que se reivindicaba a hexemonía social do galego e a unidade de acción ante o momento de ''emerxencia'' que está a sofrir a lingua galega.

As razóns do seu distanciamento co corpo central da mobilización do colectivo 'Queremos Galego' veñen a explicitar unha visión da defensa do galego que transcende a vía institucionalista pola que se optaba na manifestación. De feito, un dos seus motivos para separarse da convocatoria é a ''exclusión de sectores normalizadores de base'', como os centros sociais ou as asociacións reintegracionistas, no decálogo de 'Queremos Galego'.

Precisamente, a non mención nestes postulados do caracter internacional da lingua galega fixo que o reintegracionismo, nucleado nesta ocasión na plataforma 'Galego Sempre Máis', non compartise as reivindicacións de 'Queremos Galego'. Sechu Sende, escitor, Bea Peres e Aurelio Lopes, membros dos centros sociais Gentalha do Pichel e A Revolta repectivamente, foron os encargados de ler os manifestos na Praza do Toural.

Comentarios