jueves. 02.04.2020 |
El tiempo
jueves. 02.04.2020
El tiempo

Un militante de Ourense competirá con Gómez-Reino nas primarias de Podemos Galicia

Gómez-Reino e Bardelas. EP
Gómez-Reino e Bardelas. EP

Os deputados Luca Chao, Marcos Cal e Julia Torregrosa, entre os 93 candidatos ás primarias de Podemos Galicia 

Os deputados durante a última lexislatura Luca Chao, Marcos Cal e Julia Torregrosa figuran entre as 93 persoas que rexistrou a súa candidatura para ocupar un posto na lista de Podemos Galicia para as eleccións autonómicas. 

Ao termo do prazo para o rexistro de candidaturas, un militante de Ourense, Martín Bardelas, postulouse para o posto de cabeza de lista, ao que opta o secretario xeral de Podemos Galicia e deputado no Congreso, Antón Gómez-Reino, quen se perfila como candidato á Presidencia da Xunta por Galicia en Común, fórmula baixo a que concorrerá, previsiblemente, o partido morado da man de Esquerda Unida. 

Este sábado, o partido morado fixo públicos os nomes das persoas que rexistraron a súa candidatura para as primarias, que concluirán o 27 de febreiro. 

Entre elas figuran os deputados na última lexislatura Marcos Cal, Luca Chao e Julia Torregrosa, electos baixo a candidatura de En Marea e que, logo da súa escisión, pasaron a integrar as filas de Grupo Común da Esquerda. 

Por contra, cae a tamén parlamentaria durante o últimos catro anos e predecesora de Gómez-Reino na Secretaría Xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos. 

Tampouco figura Paula Quinteiro, membro de Anticapitalistas, formación que abandonou Podemos Galicia hai unhas semanas e que, este sábado en declaracións á Radio Galega, expresou estar máis preto de unirse á candidatura que promove Anova que á de Unidas Podemos para as autonómicas. 

Ademais dos parlamentarios, tamén se presentan ás primarias a exconcelleira na Coruña por Marea Atlántica Rocío Fraga –que desde o pasado verán exercía como asesora de Grupo Común da Esquerda no Pazo do Hórreo– e David Bruzos, deputado nas Cortes por En Marea durante a efémera legisltura da primeira metade de 2016 e candidato á portavocía de En Marea nas polémicas primarias que terminaron por romper definitivamente ao partido instrumental que logrou ser segunda forza nas últimas autonómicas.

PROCESO DE PRIMARIAS. Co peche de rexistro de candidaturas, que serán verificadas este sábado, o domingo ábrese o período de recollida de avais. O día 19 publicaranse as candidaturas definitivas, o que dará comezo a cinco días de campaña e debates entre as persoas postuladas. As votacións desenvolveranse do 20 ao 25 de febreiro e, dous días máis tarde, o 27; coñeceranse os resultados definitivos. 

Todo o proceso interno, que se desenvolverá paralelamente ás negociacións para definir a candidatura (o prazo para rexistrar coalicións termina o venres 21), terá como colofón a celebración dunha conferencia política o día 29 de febreiro na que o vicepresidente do Goberno e líder de Podemos, Pablo Iglesias, arroupará ao cabeza de lista ás autonómicas.

Un militante de Ourense competirá con Gómez-Reino nas primarias de...
Comentarios