En Marea acusa a Fomento de deixar "sen executar" 2.300 millóns en infraestructuras en Galicia

Villares asegura que a "maioría absoluta" de Feijóo é unha "ruína" para Galicia e un "engano" aos cidadáns

Luís Villares.LAVANDEIRA JR
photo_camera Luís Villares.LAVANDEIRA JR

O portavoz de En Marea, Luís Villares, acusou ao Ministerio de Fomento de deixar sen executar un total de "2.308 millóns de euros" orzamentados para infraestructuras en Galicia desde o ano 2014 co "silencio" do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

"Estamos ante un engano que nos deixa sen tren, fainos perder o tren da competitividad da nosa economía, do progreso, da creación de emprego, das posibilidades do futuro económico do noso país", censurou o maxistrado lucense en excedencia nunha roda de prensa ofrecida este luns na Cámara galega.

Conforme precisou, en 2014 a execución foi do 29,1% xa que só se investiron "394 millóns dos 1.353 presupostados". "Dun 61,2%, en 2016; dun 40,4%, en 2016; e, en 2017, segundo os datos que se coñecen ata o momento, a previsión é que a execución se sitúe como máximo nun 40%", lamentou.

O portavoz de En Marea cualificou esta situación de "inaceptable" e recordou que os investimentos en Galicia tiñan como obxectivo completar unha serie de infraestructuras, especialmente de carácter ferroviario. "Si tivésemos executados todos estes orzamentos teríamos neste momento unhas liñas ferroviarias adaptadas ao que require o corredor atlántico de mercancías", asegurou.

"SILENCIO DE FEIJÓO"

Ante estas cuestións, Luís Villares preguntou ao presidente da Xunta "si está orgulloso" da "non execución destes 2.308 millóns", así como do "engano á cidadanía", á que se lle fala de investimentos e obras que despois non hai".

Ademais, instou ao máximo mandatario autonómico a explicar "por que non lle esixe" ao ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, que se executen eses fondos. "Por que Feijóo garda silencio?", "Que beneficio lle reporta a Feijóo este silencio?", preguntouse Villares.

"O presidente da Xunta pensa máis en si mesmo e no seu futuro que nos intereses do noso país", denunciou para asegurar que "a maioría absoluta de Núñez Feijóo é unha ruína para Galicia". 

Comentarios