jueves. 24.09.2020 |
El tiempo
jueves. 24.09.2020
El tiempo

Os maiores infectados na residencia coruñesa de Matogrande soben a tres

A residencia DomusVi de Matogrande. GOOGLE MAPS
A residencia DomusVi de Matogrande. GOOGLE MAPS
O sábado dera positivo un usuario

O número de maiores infectados co coronavirus na residencia Domusvi Matogrande da Coruña subiu a tres este domingo, dous máis que na xornada do sábado, cando constaba un único contaxio neste centro, de acordo cos datos facilitados pola Consellería de Sanidade e Política Social. 

As residencias de maiores galegas non tiñan ningún caso positivo entre os usuarios desde o pasado 30 de xuño, aínda que si houbo contaxios que afectaron a traballadores. De feito, este domingo mantéñense como activos os casos dunha empregada da Residencia de Maiores de San Bartolomeu, en Xove (Lugo) e o dun traballador da Residencia de Maiores de Paradela, na mesma provincia. 

A situación epidemiolóxica na área sanitaria de A Coruña-Cee levou a que a Xunta adoptase medidas restritivas, entre as que se atopan a suspensión das visitas e saídas en todas as residencias. Tamén tomaron medidas similares o venres algúns centros deste tipo das áreas de Ourense, Pontevedra e Vigo. 

Os maiores infectados na residencia coruñesa de Matogrande soben a...
Comentarios