'Luces Rojas', del ourensano Rodrigo Cortés, llega a la cartelera en un viernes cargado de novedades

Gina Carano, Michael Fassbender e Ewan McGregor protagonizan unha das estreas da semana, Indomable, que coincide nas salas con Chronicle e Luces rojas, a última produción de Rodrigo Cortés.

Unha repartición de luxo presenta Indomable, un thríller de acción de Soderbergh no que tamén participan Antonio Banderas e Michael Douglas. Mallory, unha moza soldado que traballa secretamente no servizo de distintas entidades, quen lle encargan tarefas que os gobernos non poden autorizar, descobre que foi traizoada polos superiores, de
quen terá que protexerse primeiro e tratar de vingarse despois.

A ciencia ficción e o drama mestúranse en Chronicle, filme de Josh Trank no que traballan Dane DeHaan, Michael B. Jordan ou Alex Russell. Tres adolescentes obteñen unhas poderosas capacidades telequinéticas ao entrar en contacto cunha substancia.

Rodrigo Cortés pon baixo as súas ordes en Luces rojas, un thríller sobrenatural de produción hispano-estadounidense, a Robert de Niro, Cillian Murphy e Sigourney Weaver. Dous investigadores de fraudes paranormais enfróntanse ao seu maior desafío: Silver, un experto no psíquico que reaparece tras 30 anos de ausencia, dando lugar a fenómenos que porán en perigo a parella.

Una aventura extraordinaria narra a historia dun xornalista (John Krasinski) e unha voluntaria de Greenpeace (Drew Barrymore) no seu empeño por salvar un grupo de baleas atrapadas no Círculo Polar Ártico, unindo á súa causa nacións enfrontadas.

Outros títulos nas salas


En tierra de sangre y miel
Debut como directora de Angelina Jolie. Os bosníacos Zana Marjanovic e Goran Kostic dan vida á parella protagonista desta historia de amor na Guerra dos Balcáns

¿Y ahora a dónde vamos?
Nova comedia dramática de Nadine Labaki. Nun país con enfrontamentos relixiosos, un grupo de mulleres únese para distraer os homes da guerra, utilizando todo o seu enxeño

Fausto

Esta adaptación da obra de Goethe trata de ler entre liñas a historia deste home anónimo ao que empuxan instintos básicos como a fame ou a cobiza

Año de Gracia
David (Oriol Pla), un mozo chegado a Barcelona, coñece a Gracia (Rosa María Sardá), unha señora que lle ofrece un cuarto a cambio de compañía. A convivencia será explosiva.

Comentarios