A chuvia regresa a Galicia... e para varios días

A comunidade queda desde o martes e ata o venres, como mínimo, baixo a influencia das baixas presións
Un hombre camina por el paseo marítimo de A Coruña bajo el cielo nublado. CABALAR (EFE)
photo_camera Un hombre camina por el paseo marítimo de A Coruña bajo el cielo nublado. CABALAR (EFE)

Se o verán xa non estaba caracterizando por ser especialmente caloroso e soleado, a semana que acaba de comezar aínda parecerá, meteorolóxicamente falando, menos estival que de costume. A chuvia chegará a Galicia este martes e probablemente acompañe a comunidade, como mínimo, ata o venres.

Segundo MeteoGalicia, o anticiclón das Azores retirarase o martes cara a "latitudes máis meridionais" e situará a Galicia nunha zona de inestabilidade. Os ceos estarán parcialmente cubertos con algunhas precipitacións febles durante a mañá na franxa atlántica e pola tarde poderán formarse chuvascos nas comarcas do interior. As temperaturas mínimas estarán en lixeiro ascenso mentres as máximas sufrirán un lixeiro descenso.

O mércores Galicia quedará xa por completo baixo a influencia dun centro de baixas presións. A consecuencia: ceos anubrados con chuvias xeneralizadas.

Galicia continuará ata o venres nunha situación similar, polo que a probabilidade de chuvias seguirá elevada. De cara a fin de semana, a previsión é menos fiable, aínda que parece que a partir do sábado comezará a regresar a influencia anticiclónica.

Comentarios