jueves. 28.10.2021 |
El tiempo
jueves. 28.10.2021
El tiempo

O lecer nocturno e a Xunta estudan reabrir co 75% de aforamento ata as catro

Una imagen de ocio nocturno de Lugo. XESÚS PONTE
A medida suporía abrir unha hora máis e recuperar un 25% da máxima capacidade dos locais nunha situación de prepandemia

A reunión entre representantes do sector do lecer nocturno e da Xunta serviu para avanzar na elaboración do protocolo que lle permita a este sector reabrir de forma xeneralizada. Encima da mesa e con aceptación por parte dos empresarios, aínda que rebaixando as súas expectativas iniciais, está unha apertura cun 75 por cento de aforamento e unha hora máis que actualmente, ata as 4.00 da madrugada.

En declaracións aos medios após finalizar o encontro, que se prolongou algo máis dunha hora e que foi telemático e presencial, Luís Diz, de Galicia de Noite, explicou que aínda falta por perfilar algunhas cuestións que se seguirán a estudar durante a fin de semana.

Emprazáronse a un novo encontro o luns que vén, un día antes da reunión do comité clínico no que a intención é poder levar o protocolo para a súa avaliación. 

Outra das cuestións pendentes é o uso do certificado covid como requisito. Aínda que a Xunta recibiu o aval do Tribunal Supremo para poder usalo en determinadas situacións e contextos epidemiolóxicos, falta por concretar se se pode empregar como condición para acceder a esta actividade, polo que aínda non se pechou este aspecto a falta dos informes xurídicos pertinentes. 

En xeral, trátase dun protocolo de transición até unha situación epidemiolóxica aínda máis favorable que a actual e que o sector entende que pode facilitar a apertura.

Actualmente o ocio nocturno abre ata as 3.00 horas e cun aforamento ao 50 por cento da súa capacidade no interior do local. 

O lecer nocturno e a Xunta estudan reabrir co 75% de aforamento ata...
Comentarios