Jorge Cubela: ''Pienso compatibilizar la labor en la alcaldía con mi carrera''

Aos seus 22 anos, Jorge Cubela desbancou un bipartito de esquerdas. Moléstalle que chame tanto a atención pola súa idade, xa que pensa que calquera de 50 anos recentemente fichado está na mesma situación ca el.

P: Cando o elixiron, ¿a estratexia era a de ser alcalde en meses ou en anos?
R: Algúns falaban de proxecto de futuro, pero a secretaria provincial sempre falou destas eleccións. O noso proxecto era gañar xa. A xente que entra en política con 50 anos non ten nigunha vantaxe sobre min, porque, por exemplo, teño máis percorrido que calquera alleo á política. Tamén é evidente que non se lle pode encargar unha lista a calquera con 22 anos.

P: ¿Como foi a campaña?
R: Só din tres mitins. Un cada domingo e no peche de campaña.

P: Só ten 22 anos e non poden coñecelo todas as xeracións de Cotobade, non deu mitins e non estaba antes en política municipal, ¿cal foi a clave para gañar?
R: Xa viña de patear todo o concello varias veces, desde xaneiro. Primeiro presenteime, despois repartín o programa electoral. Fixen reunións en abril en todas as parroquias para facer o programa e tamén contei coa mellor candidatura, que ten parte do mérito.

P: ¿Foi no porta a porta onde empezou a crer non cambio?
R: Si. Hai dúas maneiras de perder unhas eleccións: a primeira é dándoas por perdidas, como fixo o BNG, e a segunda dándoas por gañadas, como fixo o PSOE. Mentres, nós simplemente fixemos o que había que facer: traballar con humildade e patear. Os callos dos pés están aí.

P: ¿Que é o primeiro que fará cando tome o bastón de mando?
R: Reunirme coas administracións. Despachar coa Deputación, e coas consellerías. Ver que asuntos hai pendentes e ir formando ou meu plan de goberno.

P: ¿Xa ten pensado o que vai cobrar?
R: Cumprirei o que vai no programa. Só haberá unha adicación exclusiva, a miña. Será un soldo, aínda non sei de canto, pero menor que o do alcalde actual. Non necesito gañar tanto, pero claro, non vou ir pedir á porta da igrexa.

P: Unha pregunta incómoda: vostede, ¿foi algunha vez a un pleno?
R: Unha vez, cando me invitou o voceiro. Non é incómoda. Houbo unha campaña contra a miña idade, pero os resultados están aí. Pode que pague a novatada, pero aprenderei desde dentro.

P: ¿Que vai facer coa carreira?
R: Pois acabala. O ano que vén estarei en quinto de Dereito e terei que facer cunha boa axenda para compatibilizar ambas as cousas.

P: ¿Dedicarase á política?
R: Non. O importante para min é acabar a carreira, e xa se verá. Ata me preguntaron se quería ser presidente da Xunta ou da Deputación. Pero se aínda non fixen nada por Cotobade...

P: ¿Que opina dos indignados?
R: Comparto moito con eles, pero chegan tarde. Por exemplo, non pode haber a corrupción que hai. E, sobre todo, penso que a  xuventude non pode quedar sen oportunidades e ter que emigrar como no pasado.

Comentarios