Miércoles. 21.11.2018 |
El tiempo
Miércoles. 21.11.2018
El tiempo

Iván Capón: "Se non te ris da política estamos perdidos"

Iván Capón Caloto é Ramón da Faxarda. EP
Iván Capón Caloto é Ramón da Faxarda. EP

O lucense é un dos integrantes de Páramo Pictures e tamén pon a nota de humor en Twitter como Ramón de Faxarda

O lucense Iván Capón Caloto forma parte de Páramo Pictures, xunto a Dani Moreiras e María Portero. Os tres poñen a nota de humor con éxitos como Bertolina, Alcolitos, Ferti mon, Préndeme o boi ou a serie Veciños. Este profesor duns instituto de Monforte de Lemos dá vida nos vídeos a Ramón de Faxarda, personaxe que tamén fai rir cos seus comentarios en Twitter na conta do mesmo nome.

Con Páramo Pictures rodaron parodias de videoclips, a serie Veciños... A cabeza non lles para.

Agora estamos algo parados.

Están esperando a que saia a canción do verán?

Non. Estamos ca serie, que leva máis traballo.

Están gravando novos capítulos de Veciños?

Si, estamos intentando. Queremos sacar pronto un ou dous episodios.

Nesta serie teñen dous personaxes, Berto e Ramón, que son unha parodia, pero recoñecibles?

É unha comedia, os personaxes son exagerados, pero moi característicos.

Como xurdiu a idea de rodar a serie e os personaxes?

Pois non sei, como se nos ocorren outras cousas. Daquela tiñamos un pouco máis de tempo e pensamos en facer algo, unha serie musical con temas de actualidade e cos personaxes dos outros vídeos. É unha serie con poucos medios, pero estamos intentando facela máis profesional. Vamos ter un sonidista para que soe mellor.

Cando pensan sacar os novos vídeos da serie?

No verán. Agora non temos moito tempo. Cos traballos é complicado compaxinar.

Os vídeos que fixeron ata agora leváronos a colaborar con algúns programas da Televisión de Galicia, como Land Rober de Roberto Vilar e Con amor e compañía de David Amor. Como foron esas experiencias, gustaríalles repetir?

Foi por curiosidade. Eles pídennos colaboracións para promocionarnos, aínda que xa nos promocionamos nós. Se nos apetece facémolas, se non diríamoslles que non, moitas grazas. Estiveron moi ben, alí tratáronnos moi ben. Foron unhas experiencias bastantes divertidas. Tamén no Luar nos trataron moi ben, con Gayoso moi ben, moi educado.

"Ao principio os meus alumnos bromean conmigo polos vídeos, un mes, pero despois xa se olvidan"

 

Teñen centos de miles de visitas nos vídeos en Youtube e en varios superan o millón. Contar con tal número de visualizacións deu para cubrir os gastos dos vídeos?

Dá para algunhas cousiñas, para consumibles… Como non temos os dereitos de autor da música estamos sacando unhas calderillas para gasoil e pouco máis. Se tivéramos todos os dereitos si que poderiamos sacar. Así con millóns de visitas sacaríase, xa se sacaba máis do que se saca creo. Con millóns de visitas sacas, pero para vivir non.

Pensaron nalgunha ocasión en profesionalizarse?

Si, pero estamos cómodos, na zona de confort, teríamos que deixar moitas cousas. Cos traballos non é compatible. Pensar, pensámolo, pero de momento non.

Traballa como profesor de instituto, os rapaces despois de ver os vídeos non bromean con vostede?

Si, algo si, pero olvídaselles pronto porque teñen moito que ver, cada día sae unha cousa nova, sae un youtuber novo. Ao principio si, un mes, pero despois xa se olvidan. Ao principio non saben que son o dos vídeos, despois, cando me recoñecen, están un mes un pouco máis..., que non saben que facer. Como non me recoñecen desde o principio e como xa teño cara seria pois non se meten conmigo, bromean un pouco pero con respecto.

Estudiou realización audiovisual, prefiere estar diante ou detrás das cámaras?

Estudie algo na fundación TIC en Lugo, pero non puiden acabar. Prefería detrás, pero temos que poñernos diante porque somos poucos. Diante tamén me gusta, o meu personaxe. Din que me encasillo moito, pero gústame. Está o paiaso serio e o paiaso dos chistes, o meu é o dos chistes.

A súa personaxe nos vídeos, Ramón de Faxarda, está en Twitter. Como foi ese salto as redes sociais porque estas parecen estar moi lonxe de alguén como el? É unha extensión dos vídeos?

Si, desde hai un par de anos estou en Twitter. Quería facer unha conta de Twitter e decidina facer coma se fora Ramón. É coa cara de Ramón, pero cas miñas opinións. As ideas de Ramón non coincidirían coas miñas. El pon só a cara, as del serían outras ideas.

En Twitter non deixa nada sen tocar, desde a política local ata a autonómica e a nacional.

Si, co que sae, o que se me ocorre. Isto é inmediato, de calquera cousa se fai un comentario, é ao momento. Non é coma un vídeo que tardas unha semana.

Fai chanza dos políticos, dan para facer moito humor?

Si, se non te ris da política estamos perdidos. O único que nos dan é rirse. Dan para rirse porque de seriedade pasan. Non só da político, ríome de todo.

Tamén dos tópicos galegos, como da indecisión.

Si, dos galegos tamén hai moito, a retranca, a cultura... Hai moita conta en Twitter nese sentido.

O humor galego é distinto?

Certo é que os de fóra moitas das veces non nos entenden os chistes, o humor galego é moito máis irónico. Moitas veces me teñen que preguntar se falo en serio ou non. Algunhas bromas de vídeos ou da serie non as entenden, téñeno comentado familiares de fóra, porque hai que pasan na serie que son moi de aquí, moi nosas. Os vídeos si que os entenden, a música é universal.

Iván Capón: "Se non te ris da política estamos perdidos"
Comentarios