Investigan a morte dun home tetrapléxico a mans da súa nai, que logo se quitou a vida en Ourense

O falecido estaba ingresado nunha residencia e, supostamente, a muller deulle metadona
Residencia na que estaba ingresado o home. TVG
photo_camera Residencia na que estaba ingresado o home. TVG

Este luns rexistrouse a morte dun home tetrapléxico, de 45 anos, que estaba ingrasado nunha residencia de Ourense, Agora, segundo informa a TVG, a autopsia revelou que o falecemento debeuse ao consumo de metadona.

A Policía Nacional investiga se foi a nai do home, de 66 anos, que posteriormente se quitou a vida, a que lle subministrou o elemento ao falecido nunha visita.

O seu fillo padecía unha discapacidade desde que hai uns anos sufrira un accidente de tráfico.