Morre un home en Oza-Cesuras ao caerlle enriba un tractor

O accidente tivo lugar nunha fica propiedade do falecido, na Pedreira, en Figueredo
Las ruedas de un tractor.AEP
photo_camera Rodas dun tractor. AEP

Un home morreu este sábado ao quedar atrapado baixo un tractor no concello de Oza-Cesuras. Os bombeiros de Betanzos tiveron que excarcerar á vítima.

O accidente tivo lugar nunha finca da propiedade do falecido, situada na Pedreira, en Figueredo. Ademais dos bombeiros e do persoal sanitario foron informados os membros do GES de Curtis e a Garda Civil.

Un particular foi quen chamou ao 112 Galicia, sobre as seis e media da tarde deste sábado, para pedir axuda. Indicaba que o home estaba atrapado baixo o tractor que lle caera enriba na súa finca. Nada mais chegar ao punto e, tras liberar ao home, os bombeiros confirmaron o seu falecemento.