Miércoles. 19.09.2018 |
El tiempo
Miércoles. 19.09.2018
El tiempo

Henrique Monteagudo: ''Hay que valorar lo conseguido en el gallego con el esfuerzo de la gente y sentir la lengua como algo nuestro''

Henrique Monteagudo Romero (Muros, 1959), profesor no departamento de Lingua Galega na USC, director do Arquivo de Planificación e Normalización Lingüística e coeditor da revista Grial, ocupou o sábado o seu asento como membro da RAG, que se lle concedera o día 30 de abril de 2010.

P. No discurso de ingreso dixo que o galego precisa desenvolvemento e modernidade, ¿como pode a RAG actuar nisto?
R. A RAG ten un papel social moi orientador, xa que é unha institución que vela pola lingua. Conta cun prestixo e carisma, polo que as súas opinións e as orientacións que dá son ben escoitadas. Iso, ademais do servizos concretos que teñen que ver coa norma lingüística ou o asesoramento público.

P. ¿Que pode facer cada galego a título persoal para axilizar este desenvolvemento?
R. A xente ten que decatarse de que está na súa man a defensa do galego, e isto afecta non só as institucións públicas, tamén as empresas, que teñen que ser conscientes da súa responsabilidade, así como os obreiros ou as familias. Débese sentir o galego como algo propio, que nos afecta tanto como polo cultural como polo material. Ademais, hai que saber valorar as melloras que se conseguiron para a lingua e que foron posibles polo esforzo da xente, algo que ás veces se esquece.

P. ¿Que risco ten o uso do galego como baza política?
R. Non se pode falar do galego sempre en ámbito de enfrontamentos, de desacordos, de leas, senón que se asocie a innovación a acordos e a compromisos positivos para o país. É importante que haxa sensacións positivas na lingua. Polo interese común, as grandes liñas da política lingüística deben estar amplamente consensuadas entre os partidos. Aínda que é lexítimo que xurdan discrepancias concretas.

P. ¿Que opinión lle merece o ‘Manifesto das cadeiras’ que reclama máis presenza feminina na Academia?
R. Esta iniciativa era unha crítica á Academia, na que non hai unha representación equitativa entre mulleres e homes. Xa non é unha cuestión de cuotas, senón de xustiza: o papel das mulleres no desenvolvemento da lingua é importantísimo, así como por exemplo na creación do Día das Letras Galegas.

Henrique Monteagudo: ''Hay que valorar lo conseguido en el gallego...
Comentarios