Guitián di sobre o cartel do Entroido da Coruña que "non se pode ser máis papista que o Papa"

O debuxante lucense asegura que se "sacou de contexto porque os pés do personaxe son de choqueiro".
La caseta de la librería Tótem de Lugo recibió la visita del dibujante de El Jueves Alberto Guitián. Fotos: J. VÁZQUEZ + XESÚS PONTE
photo_camera La caseta de la librería Tótem de Lugo recibió la visita del dibujante de El Jueves Alberto Guitián. Fotos: J. VÁZQUEZ + XESÚS PONTE

O debuxante lucense Alberto Guitián cre que "non se pode ser máis papista que o Papa" en resposta á polémica que se levantou por un cartel de Entroido que fixo para o Concello da Coruña. Xerou protestas do arcebispado de Santiago e do Partido Popular, e unha recollida de sinaturas da Asociación Española de Abogados Cristianos e de Hazte Oír para esixir a retirada do cartel e as desculpas dos representantes municipais. 

O ilustrador explica que a imaxe "non representa un papa, senón unha persoa disfrazada de papa", cun nariz vermello, e que carga cun papamóvil de cartón e unha copa na man. Guitián asegura que se "sacou de contexto, porque, se se fixan nos pés do personaxe, verán que son pés de choqueiro". 

Os choqueiros son os personaxes populares do Entroido coruñés, "aos que o Concello quixo dedicarlles este ano a festa", asegura o debuxante lucense. Dous choqueiros figuran na serie de carteis na que se integra o que foi polémico. "Hai dous choqueiros –un vestido de militar e outro de aristócrata–, e un personaxe disfrazado de rei e outro de papa", explica Guitián, que di sentirse "como se vivise unha película de Berlanga". 

O arcebispado compostelán considera que a ilustración de Alberto Guitián "puede implicar una burla a las creencias de miles de coruñeses", un argumento que respaldou a deputada do Partido Popular no Parlamento galego Paula Prado, que entende que é "una falta de respeto a muchos ciudadanos con una burla clara hacia Benedicto XVI".

Comentarios