miércoles. 27.05.2020 |
El tiempo
miércoles. 27.05.2020
El tiempo

Gómez-Reino acusa a Feijóo de "sacar tallada" da pandemia

Antón Gómez-Reino. CABALAR (EFE)
Antón Gómez-Reino. CABALAR (EFE)
O portavoz de Galcia En Común sinalou que o presidente autonómico  lanzou esta semana "unha precampaña perfectamente preparada baixo o paraugas da Xunta"

O portavoz da coalición Galicia En Común-Anova Mareas, Antón Gómez-Reino, acusou ao presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, de "tentar sacar tallada" política da pandemia ao esgrimir que a situación epidemiolóxica en Galicia é mellor que noutros puntos do Estado pola xestión realizada desde a Xunta. 

Este venres nunha rolda de prensa telemática, Gómez-Reino afirmou que foron as medidas de "contención" impostas polo Goberno as que tiveron "innegables éxitos" na loita contra a expansión do virus. 

"Feijóo é un oportunista político. O que ten ao seu servizo é unha máquina de propaganda", remarcou o tamén deputado no Congreso, que acusa o mandatario popular de "facer política mentira" e "tentar apropiarse" do "éxito" das medidas de confinamento implantadas desde a Administración central. 

Para Gómez-Reino, a "táctica" de Feijóo "é unha parte máis" da estratexia de "desgaste" ao Goberno estatal por parte dos seus compañeiros de partido Pablo Casado e Isabel Díaz Ayuso e tamén do líder de Vox, Santiago Abascal, quen "xa dixo que está disposto a ser a muleta" do PP galego na Xunta.

"Esta semana Feijóo estivo escondido e reapareceu martes e xoves en actos de precampaña amparado en visitas a Curtis e Sarria que non teñen outro obxectivo que o electoral"

PRECAMPAÑA CON XUNTA DE "PARAUGAS". Segundo o de Podemos Galicia, Núñez Feijóo lanzou esta semana "unha precampaña perfectamente preparada baixo o paraugas da Xunta" con varias visitas a explotacións agrarias "anunciando medidas que Galicia en Común e o conxunto da oposición lévanlle reclamando semanas". 

Neste sentido, lamentou que "case unha semana despois" da convocatoria oficial de eleccións "siga sen haber garantías" de que o proceso "poida celebrarse con garantías democráticas e sanitarias". 

"Esta semana Feijóo estivo escondido e reapareceu martes e xoves en actos de precampaña amparado en visitas a Curtis e Sarria que non teñen outro obxectivo que o electoral", incidiu, para, a continuación, afear que, após semanas "sen" anunciar medidas para o sector agrario, "agora en precampaña é cando as pon sobre a mesa".

"Cinco días despois non temos unha soa recomendación, bosquexo ou proposta por parte da Xunta"

CAMPAÑA ELECTORAL. Cuestionado sobre como expoñen unha campaña electoral que estará marcada polas medidas para evitar contagios, Gómez-Reino lamentou que aínda non exista un protocolo por parte da Adminstración autonómica. 

"Cinco días despois non temos unha soa recomendación, bosquexo ou proposta por parte da Xunta que, en función das súas competencias, é quen ten que garantir que as eleccións se dean con garantías democráticas e sanitarias", remarcou. 

Neste sentido, lembrou que en Euskadi (que tamén celebra eleccións autonómica o 12 de xullo) si se marcaron unha serie de directrices para a campaña e o proceso, polo que esixiu que siga o exemplo e marque xa o protocolo. 

Gómez-Reino acusa a Feijóo de "sacar tallada" da pandemia
Comentarios