domingo. 20.10.2019 |
El tiempo
domingo. 20.10.2019
El tiempo

Galicia é pioneira no ámbito da conciliación

Nenas e nenos nun día de escola. EP
Nenas e nenos nun día de escola. EP
O Executivo autonómico mantén o compromiso de achegar as máximas facilidades a quenes decidan ter fillos na década de 2020

Nenas e nenos nun día de escola. EPNos últimos anos, Galicia avanzou máis que nunca no ámbito da conciliación. O compromiso do Executivo autonómico de cara á década de 2020 é seguir a achegar ás máximas facilidades ás mulleres e homes que toman a decisión de ter un neno.

Nesta meta enmárcase a nova Lei de impulso demográfico, cuxo anteproxecto foi aprobado polo Consello da Xunta o pasado mes de xuño, e que fará da nosa comunidade a primeira en contar cunha norma deste tipo.

O Goberno galego financia investimentos nas escolas infantís municipais e de iniciativa social por máis de 1 millón de euros

As axudas tamén se destinan á integración das novas tecnoloxías nas aulas, ao dotalas de equipamento dixital

A lei recolle a diagnose e as liñas de actuación consensuadas no Observatorio Galego de Dinamización Demográfica, órgano no que están representadas as administracións, os axentes sociais e económicos e os grupos parlamentarios.

O texto legal contará con compromisos orzamentarios concretos, xa que estima un investimento anual de máis de 700 millóns de euros para executar as medidas que inclúe.

A Tarxeta Benvida chegou xa a 5.710 fogares da provincia de Lugo, dos cales 2.163 residen na cidade amurallada

Entre estas medidas destacan: novas melloras na Tarxeta Benvida, en especial para as familias que viven no rural; un plan de apoio ás familias numerosas; dar prioridade nos concursos públicos ás empresas máis comprometidas coa conciliación; iniciativas para o fomento do retorno e a atracción de nova poboación; o apoio á mocidade e o envellecemento activo.

Galicia é pioneira no ámbito da conciliación