martes. 11.05.2021 |
El tiempo
martes. 11.05.2021
El tiempo

Galicia non comunica falecidos con covid-19 este martes 

Un operario de limpieza barre las inmediaciones del Hula. CARLOS CASTRO
Un operario de limpieza barre las inmediaciones del Hula. CARLOS CASTRO
Un home de 62 anos faleceu o dominigo no Chuvi

A Consellería de Sanidade non notificou este martes ningún novo falecemento vinculado coa covid-19 en Galicia. Deste xeito, o número de vítimas desde o inicio da pandemia mantense en 2.391. 

En concreto, a última morte comunicada polas autoridades sanitarias galegas foi na xornada do luns, cando a Xunta informou o falecemento dun home de 62 anos que perdera a vida o domingo día 2 de maio no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi). O home fora diagnosticado con covid-19 e tiña patoloxías previas. 

Esta notificación chegou despois de dúas xornadas sen que o Sergas informase de óbitos, aínda que é habitual que as comunicacións se fagan con días de atraso, ata que son confirmadas por Saúde Pública. 

Galicia non comunica falecidos con covid-19 este martes 
Comentarios