miércoles. 08.04.2020 |
El tiempo
miércoles. 08.04.2020
El tiempo

Galicia experimenta o pico da onda de gripe, que acumula xa 29 mortos

Un paciente recibe a vacina contra a gripe. AEP
Un paciente recibe a vacina contra a gripe. AEP

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) fixo públicos este venres os datos do avance do virus da gripe en Galicia, que roza o cénit da actual tempada e acumula xa 29 falecidos no que vai de 2020. 

De acordo co informe de actividade gripal do Sergas, Galicia atravesa a quinta semana de onda epidémica da campaña contra este virus, a segunda cun nivel de intensidade medio, na que os indicadores dan a entender que este podería ser o pico da incidencia da gripe antes de ir decaendo progresivamente en datas próximas.

Até o momento, faleceron neste territorio un total de 29 persoas co virus, 13 a causa do mesmo, das cales 28 foran prescritas coa vacina, non recibida en 17 dos casos.

Ademais, rexistráronse 1.009 ingresos de pacientes con gripe confirmada, dos que 560 foron dados xa de alta e que en 81 ocasións requiriron da asistencia dos servizos de coidados intensivos.

De entre os ingresos, 817 presentaban factores de risco para unha gripe complicada por distintos motivos e, a pesar diso, até 430 non recibiran a vacina antigripal.

En canto ás cepas do virus presentes entre os pacientes hospitalarios, contabilizáronse 886 casos de gripe A, 119 de B, 1 de C e 3 da e B á vez.

Galicia experimenta o pico da onda de gripe, que acumula xa 29 mortos