Galicia festexa coma nunca os 185 anos de Rosalía

O día da poetisa celébrase por primera vez o 23 de febrero, tras descubrirse nova documentación sobre a súa data de nacemento ► A xornada estivo chea de lecturas, actos, ofrendas, música e ata caldos
Entrega de libros e flores. CONCELLO DE SANTIAGO
photo_camera Entrega de libros e flores. CONCELLO DE SANTIAGO

Galicia acolleu este mércores numerosas actividades para celebrar o 185 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, homenaxeada con actos conmemorativos, lecturas, ofrendas florais e alboradas. Foi no seu día, que se celebra este ano por primeira vez o 23 de febreiro, e non o 24.

Lugo, Pontevedra, Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela e outras localidades organizaron durante a xornada numerosas accións para lembrar unha escritora que contribuíu enormemente á renovación literaria en Galicia e en España.

Nada en Santiago de Compostela en 1837, ata o ano pasado celebrábase o Día de Rosalía o 24 de febreiro, a data do seu bautismo, ata que unha filóloga, Sagrario Abelleira, descubriu recentemente a súa partida de nacemento acreditando que foi o 23 de febreiro.

Audiolibros, audiovisuais e ata creacións en Instagram ou TikTok, ademais de contacontos, teatro, xogos de mesa, ofrendas florais e outras iniciativas, pero sobre todo, lecturas públicas das súas obras, xurdiron en distintos puntos de Galicia para rememorar a ilustre escritora.

O seu legado estivo tamén no Parlamento, onde o presidente da Cámara, Miguel Santalices, subliñou que "activou os resortes que sustentan o noso amor propio, o orgullo de ser galegos". "Somos herdeiros de Rosalía e estamos en débeda con ela", dixo. Nese acto oficial tamén participaron a Fundación Rosalía de Castro e a Xunta, así como alumnos do CEIP Rosalía de Castro de Padrón, que leron poemas da autora. 

O conselleiro de Cultura e o presidente do Parlamento participaron no acto en homenaxe a Rosalía na Cámara. LAVANDEIRA JR (Efe)
O conselleiro de Cultura e o presidente do Parlamento participaron no acto en homenaxe a Rosalía na Cámara. LAVANDEIRA JR (Efe)

Ademais dese acto, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, participou xunto a outras personalidades na lectura de poemas ante a estatua de Rosalía en Padrón, así como nunha alborada e ofrenda na Praza de Vigo de Santiago, cerca de onde naceu a autora. 

Finalmente, xunto con otras autoridades, participou na capela do Hostal dos Reis Católicos de Santiago, onde se bautizou Rosalía, nunha lectura pública de textos seus con motivo deste 23 febreiro. 

Actuación de Uxía cos alumnos deo CEIP Quiroga Palacios. CONCELLO DE SANTIAGO
Actuación de Uxía cos alumnos deo CEIP Quiroga Palacios. CONCELLO DE SANTIAGO

Previamente, tamén na capital galega, o alcalde, José Sánchez Bugallo, e a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, participaron nun acto conmemorativo no Bosque do Banquete de Conxo, concretamente xunto ao Carballo de Conxo, que opta a Árbore Europea do Ano. No acto estiveron a cantante Uxía, a poeta Xiana Arias e os rapaces do CEIP Quiroga Palacios. 

Ademais, durante toda a mañá, agasallouse un libro e unha rosa a todas as persoas que pasaron pola Praza do Toural e as asociacións de veciños e comerciantes desenvolveron distintas iniciativas. 

En Lugo, como noutras cidades, realizouse unha ofrenda floral en memoria da autora, así como unha lectura pública de poemas, mentres que desde o campus se difunde unha serie de contidos multimedia que poñen en relación algúns dos versos máis coñecidos dos poemas en galego de Rosalía cos sete kits de experimentación científica para aulas de secundaria deseñados por integrantes de XuvenCiencia. 

Entre as celebracións máis tradicionais, a Fundación Rosalía de Castro organizou, un ano máis, o Caldo de gloria da autora, ao que se uniron máis de 200 locais de Galicia, así como comedores escolares. Na casa museo, o encargado de preparalo é o cociñeiro Xoanqui Ameixeiras

En Pontevedra, mentres, un concerto de Ialma organizado pola Deputación serviu para celebrar o día, no que Míriam Ferradáns leu o manifesto da xornada e repartíronse camelias entre os asistentes.

Comentarios