Galegos celebran o Martes de Entroido na Casa de Galicia en Madrid

Degustaron un cocido da raza autóctona de porco celta

Juan Serrano muestra un plato de cocido junto a Javier Arias, Martín Barreiro y otros invitados a la comida. EP
photo_camera Juan Serrano mostra un prato de cocido xunto a Javier Arias, Martín Barreiro e outros invitados á comida. EP

A Casa de Galicia en Madrid, que dirixe o lugués Juan Serrano, acolleu este Martes de Entroido unha degustación de cocido de porco celta da comarca de Sarria na que participaron preto dun cento de persoas.

Amais do anfitrión, alí déronse cita caras coñecidas como os televisivos Silva Jato, Martín Barreiro e Jenaro Castro, así como o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, e diversos parlamentarios do Congreso e o Senado.

Amais de cachola, lacón, chourizos, butelo e soá, os asistentes puideron degustar patacas e grelos de Galicia así como unha sobremesa tipicamente galega, con bica de Trives e queixo da DOP Arzúa-Ulloa con marmelo. Todo elo regado con viño da Ribeira Sacra.
 

Comentarios