Flora Miranda deixará o Parlamento tras a ruptura do grupo de En Marea: "O fracaso é colectivo"

Abandonará a Cámara ao finalizar este período de sesións e a lista corre ata Xan Xove, de Marea Atlántica, que precede a Mariló Candedo 

Flora Miranda no Parlamento. PEPE FERRÍN (AGN)
photo_camera Flora Miranda no Parlamento. PEPE FERRÍN (AGN)

A deputada de En Marea Flora Miranda anunciou que deixará a súa acta no Parlamento de Galicia cando finalice o período de sesións. Esta decisión débese á fractura do grupo parlamentario, anunciada este xoves polo até agora portavoz, Luís Villares, que se vai ao mixto xunto co seu tres deputados afíns (Paula Vázquez Verao, Pancho Casal e Davide Rodríguez). 

Desvelouno a través do seu perfil na rede social Facebook publicado pouco máis dunha hora despois de que o portavoz de En Marea, Luís Villares, desvelase que tanto el como outro tres deputados iranse ao grupo mixto da Cámara autonómica. "O fracaso é colectivo", di Miranda na súa mensaxe. 

Neste contexto, Flora Miranda indicou que xa non estará no Parlamento no novo período de sesións –previsto para o mes de setembro– debido á "quebra dun proxecto político polo que apostou e no que estaba disposta a traballar". 

"Un proxecto que superase minifundios con altura, responsabilidade e madurez para traballar pola xente. Entendo que non procede a toma de posicións, dado o contexto", lamenta no seu perfil de Facebook.

MENOS DUN ANO NO PARLAMENTO. Ante este fracaso "colectivo", segundo as súas palabras, Miranda reincorporarase como médico de Atención Primaria á súa consulta no centro de saúde da Estrada, onde exercía antes de acceder ao Parlamento en setembro de 2018, en substitución de Magdalena Barahona. 

Cando se materialice a marcha desta deputada, que ocupaba o número seis pola Coruña, a lista corre até o número sete da candidatura de En Marea en 2016, no que figura Xan Xove, de Marea Atlántica. 

De non facelo, o escano correspondería ao número oito da lista, Mariló Candedo, quen era precisamente a candidata da dirección de En Marea para ser senadora por designación autonómica, unha elección que propiciou a ruptura do grupo de En Marea, fracturada 'de facto' desde fai máis dun ano entre partidarios de Villares e críticos. 

O nome proposto polos críticos con Villares foi o do exconcelleirol herculino José Manuel Sande, elixido nunha votación telemática na que Flora Miranda foi a única que apostou por Mariló Candedo. 

Miranda permanecera de perfil na guerra interna do grupo durante o dez meses que permaneceu na Cámara, non posicionándonse ao lado de ningún dos dous bandos que terminou por separarse após o paso dado por Villares e os seus afíns. 
 

Comentarios