viernes. 25.09.2020 |
El tiempo
viernes. 25.09.2020
El tiempo

"A figura de Castelao é incómoda porque o nacionalismo é clave no cambio político de Galiza"

Ana Pontón durante a homenaxe a Castelao en Rianxo. BNG
Ana Pontón durante a homenaxe a Castelao en Rianxo. BNG
Ana Pontón pediu ao goberno que "sexa valente á hora de atender ás reclamacións das nacións sen estado" 

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, afirmou este domingo, durante unha homenaxe da formación a Castelao polo 70 aniversario do seu falecemento, que a figura e pensamento do escritor resulta "incómoda para o poder porque o nacionalismo é clave para o cambio político real en Galiza". 

No acto, celebrado en Rianxo, a vila natal do referente galeguista, Pontón leu parte do discurso que este deu en Bos Aires e advertiu que os nacionalistas non nacen "para agradar aos poderosos", senón "para defender os intereses de Galiza e das súas maiorías sociais". 

Neste sentido, lembrou que o BNG aposta por unha "tarifa eléctrica galega" fronte ao "espolio"; que "planta cara" ao modelo de produción "imposto por Europa"; e que se negan á mina de Touro polo "risco ambiental" que supón. 

Ademais, dixo non esquecer que hai "máis de 25 compañeiros nacionalistas" que van ser xulgados por reclamar que se devolvan "os bens roubados pola familia Franco". 

Por outra banda, Pontón tamén valorou o acordo de investidura do BNG co Partido Socialista como "a mellor noticia para Galiza nos últimos dez anos" despois de que, co anterior Goberno, a comunidade contase "cos peores orzamentos en vinte anos", segundo a portavoz, aínda que finalmente non se chegaron a aprobar. 

Así mesmo, a líder frontista bromeou con que este acordo cos socialistas deixou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, "enfadado" e cunha "postura victimista" que o converten "no Calimero da política galega".

DEBATE SOBRE O MODELO DE ESTADO. Ademais, pediu ao novo Executivo que "sexa valente á hora de afrontar o debate sobre o modelo de estado e atender ás reclamacións das nacións sen estado" como Galicia. "Co BNG no Congreso, Galiza volve ser un país co que hai que negociar, acordar e respectar", engadiu Pontón. 

O alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, presente no acto, tamén destacou o "compromiso ético" de Castelao con Galicia e o idioma e engadiu que o deputado do Bloque no Congreso, Néstor Rego, terá que pór encima da mesa unha "axenda galega petada" despois de anos de silencio e de deputados que exerceron de "procesión dos caladiños". 

"A figura de Castelao é incómoda porque o nacionalismo é clave no...
Comentarios