Ferido grave un ciclista despois de chocar contra un coche na Coruña 

O suceso ocorreu na rúa Antonio Ríos, á altura do número 80, sobre as 16.55 horas

Rúa Antonio Ríos, onde ocorreu o accidente. GOOGLE MAPS
photo_camera Rúa Antonio Ríos, onde ocorreu o accidente. GOOGLE MAPS

Un ciclista resultou ferido de gravidade este mércores tras chocar coa bicicleta que manexaba contra un coche na Coruña. 

O suceso ocorreu na rúa Antonio Ríos, á altura do número 80, sobre as 16.55 horas, segundo os datos do 112 Galicia. 

A central de Emerxencias recibiu o aviso do propio condutor do turismo implicado no accidente, e informou ao 061-Urxencias Sanitarias, Policía Local, Bombeiros da Coruña e Protección Civil.