lunes. 21.10.2019 |
El tiempo
lunes. 21.10.2019
El tiempo

Ferido en Brión tras saltar dunha carretilla telescópica cando ía envorcar

Una carretilla telescópica. EP
Una carretilla telescópica. EP
O home, de 38 anos, foi trasladado ao Chus

Un operario resultou ferido este mércores e necesitou asistencia sanitaria após de saltar dun vehículo destinado a tarefas gandeiras, en concreto unha carretilla telescópica, instantes antes de que a máquina envorcase no municipio coruñés de Brión.

Segundo informou o 112 Galicia, o sinistro sucedeu na parroquia de Bastavales uns minutos antes das 11.30 horas

Despois de recibir o aviso dunha persona particular, o 112 Galicia requiriu a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Local e da Guardia Civil. Ademais, puxo os feitos en coñecemento do GES de Brión e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade. 

Ao lugar o 061 desprazou unha ambulancia asistencial que levou ao home ferido, A.F.S., de 38 anos de idade, ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), sinalaron a Europa Press fontes sanitarias.

Ferido en Brión tras saltar dunha carretilla telescópica cando ía...