Un ferido ao saírse da estrada o seu coche na Capela

Foi necesaria a intervención dos Bombeiros para sacar do vehículo o lesionado

Unha persoa resultou ferida na madrugada do luns ao martes na Capela cando o coche no que viaxaba se saiu da vía. Atendendo á información da central do 112 en Galicia, foi necesaria a intervención dos Bombeiros do Eume para sacala do vehículo.

O Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento empregou o material de excarceración. Unha vez accesible, a persoa ferida foi atendida polos servizos sanitarios.

O sinistro produciuse na estrada que vai de Cabanas ás Pontes sobre as 6.30 horas, e foi un particular quen contactou co 112.