sábado. 20.07.2019 |
El tiempo
sábado. 20.07.2019
El tiempo

Feijóo: "O PPdeG só quere depender dos veciños"

Alberto Núñez Feijóo, co candidato popular de Vilagarcía, Alfonso Gallego. DP
Alberto Núñez Feijóo, co candidato popular de Vilagarcía, Alfonso Gallego. DP

O presidente da Xunta de Galicia asegura que os socialistas dependerán "do que digan as mareas ou o BNG"

O presidente da Xunta e líder do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, asegurou este venres que os candidatos do seu partido "só queren depender dos veciños" tras as eleccións do próximo 26 de maio, mentres que o PSOE dependerá "do que digan as mareas ou o BNG, en función de cada concello".

Antes de visitar no recinto feiral Fexdega as mostras Expocasa e o II Salón Gourmet Degusta Galicia, Núñez Feijóo defendeu que o candidato do PP á Alcaldía de Vilagarcía, Alfonso Gallego, é "unha alternativa sólida aos gobernos do últimos catro anos", encabezados por Alberto Varela (PSdeG).

Nunha breve intervención destacou que a Xunta non abandonou a Vilagarcía e que seguiu investindo na localidade, con actuacións importantes no hospital do Salnés, por exemplo. 

"Estamos comprometidos desde o punto de vista sanitario e querería destacar que necesitamos a cesión dun solar para facer un centro de saúde", dixo sobre a localidade arousá. 

"Moitas veces escóitase a algúns partidos cuestionar o compromiso da Xunta coa sanidade pública -continuou- e normalmente son aqueles municipios como nos ocorre con Cangas, Moaña, Caldas ou aquí, en Vilagarcía, que despois non ceden chan para construír centros de saúde". 

Núñez Feijóo destacou, ademais, o traballo da iniciativa privada para recuperar a actividade do recinto feiral, construído no seu día pola Xunta, e xerar emprego na comarca.

O candidato á Alcaldía da localidade destacou a importancia do recinto feiral para Vilgarcía, "un espazo único, ben situado, con enormes posibilidades pero que tivo en contra a un goberno que non aposta nin cre na importancia deste tipo de mercados", dixo.

Feijóo: "O PPdeG só quere depender dos veciños"
Comentarios