Feijóo opina que votar ao BNG é sufragar o independentismo catalán ou vasco

O líder do PPdeG pronunciouse trala coalición para as eleccións europeas dos nacionalistas con ERC e Bildu

Feijóo, no Parlamento. PEPE FERRÍN (AGN)
photo_camera Feijóo, no Parlamento. PEPE FERRÍN (AGN)

O líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, afirmou este domingo que votar ao BNG, que acaba de aprobar unha coalición coas formacións ERC e EH-Bildu para concorrer ás eleccións europeas do ano próximo, supón sufragar o independentismo catalán e vasco.

"Votar BNG será votar ao independentismo catalán e ao peor dos independentismos vascos?", afirmou Feijóo nun acto do seu partido no municipio coruñés de Carballo, segundo un comunicado divulgado por esa formación.

O BNG aprobou establecer unha coalición coas formacións ERC e EH-Bildu para os comicios europeos porque son "forzas coas que compartimos criterios como o republicanismo, a defensa de Galicia como nación sen Estado e o dereito dos pobos a decidir", indicou este sábado a líder da formación nacionalista galega, quen considerou que en España hai unha "involución democrática" na que se "perseguen ideas e non se acepta a pluralidade".

Comentarios