Feijóo empraza a Navantia a iniciar o antes posible a construción das fragatas F-110

Asegura que o estaleiro de Ferrol "non poderá vivir durante dous anos sen carga de traballo"
Proc/JFIF/EFE-Calidad:Excelente
photo_camera Feijóo, entre a presidenta de Navantia, Susana de Sarriá, e o presidente de Iberdrola, Ignacio Galán. EFE

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, emprazou á presidenta de Navantia, Susana de Sarriá, a iniciar a construción das fragatas F-110 para a Armada Española "no menor prazo de tempo posible", ao estimar que a comarca de Ferrolterra "non poderá vivir durante dous anos sen carga de traballo".

Así o sinalou nas instalacións do estaleiro de Navantia Fene (A Coruña), durante a firma do contrato entre Iberdrola, Navantia e Windar para a construción de 62 jackets que se destinarán a un parque eólico mariño na costa da Bretaña francesa.

"Navantia necesita, querida presidenta, seguridade na súa carga de traballo", trasladou Feijóo á presidenta da compañía pública neste acto no que a andaluza estaba presente.

"Estou convencido que estás tan preocupada como nós polos dous próximos anos de Navantia Fene-Ferrol, onde tes a absoluta garantía de que o Goberno galego vaiche a seguir apoiando para que este estaleiro non quede sen carga de traballo neste espazo de tempo".

O presidente galego fixo alusión ao cinco buques da clase F-110 para a Armada Española que está previsto construír no estaleiro de Navantia Ferrol. Estas fragatas están "consignadas no orzamento do ano 2018, con 250 millóns de euros, dos cales non se executou nin un só euro", e Feijóo chamou a iniciar a súa construción "no menor prazo posible"

"Porque Ferrol e os concellos desta comarca non poderán vivir sen dous anos de carga de traballo neste estaleiro".

Actualmente as instalacións da antiga Bazán están a finalizar a construción de dous buques do tipo AOR para a Armada de Australia, que serán entregados nos próximos meses, pero unha vez finalizado este encargo o estaleiro carece de previsións para a construción dun novo buque.

Segundo as estimacións que manexa o Goberno, a construción das F-110 non se iniciaría ata finais de 2021 ou principios de 2022.

Comentarios